Víncios Cereixa Gondomar F.S.
Cereixa Gondomar F.S.

Este xoves disputarase ás 21:30 horas no pavillón municipal de Gondomar, a rolda de oitavos de final da mellor competición galega, entre o Víncios Cereixa Gondomar F.S. e o Pizarras os Tres Cuñados do Barco de Valdeorras, equipo de 2B claro aspirante ao ascenso a división de prata do fútbol sala nacional.

Disputar a XXVIII Copa Galicia por terceiro ano consecutivo non é por casualidade, polo que o equipo gondomareño non descarta a posibilidade do paso a cuartos de final, reto moi complicado aínda que posible coa axuda da afición.