Agrupación Musical de O Rosal.
BRAIS MARTÍNEZ // Agrupación Musical de O Rosal.

A Agrupación musical de O Rosal ofrece este sábado, ás 20:30 horas no auditorio municipal, un concert por Santa Icía, patroa da música. Asimesmo, ás 18:30 horas, na Igrexa de Santa Mariña, se oficiará unha Misa na honra da Santa.

A Agrupación musical de O Rosal leva preparando dende comezos do outono o programa que é un dos concertos máis especiais do ano. A banda abrirá a velada coa música do pasodobre “Athênaeum” do alacantino Enrique Alborch, un pasodobre composto no seu día para unha conmemoración e que servirá de celebración da súa patroa Santa Icía. Seguidamente, farán a presentación como cada ano dos novos compoñentes, que acollen con moita ilusión despois de velos medrar nas súas aulas.

“Finlandia”, do compositor Jean Sibelius será a primeira das obras que se escoitará a continuación. Trátase dun poema sinfónico composto a principios do século XX cómo homenaxe do autor ao seu país natal. Dende os primeiros compases, escuros e turbulentos, ata o grandioso final, describe as tribulacións do pobo finés no seu paso da opresión rusa á autonomía e a liberación.

A continuación oirase “Saga Cándida” do compositor belga Bert Appermont, que é unha selección a partir do musical do mesmo autor orixinal para banda (“Seed of Satan”, ou “A semente de Satán”), no que se retrata unha caza de bruxas. A suite que interpretará a banda está estruturada en 7 movementos nos que se ilustran as distintas escenas do musical.

Continuarán co sue programa cunha das grandes obras da literatura bandística: “Diversions”, do compositor inglés Philip Sparke. Trátase dunhas variacións para banda de gran elaboración sobre un tema popular suízo, tema que se scoitará interpretado polo saxofón alto case ao principio da obra, despoís dunha maxestuosa introdución.

E para dar remate a este fantástico concerto, a banda contará coa presenza do trompetista internacional Rubén Simeó, que interpretará como solista coa banda a “La Virgen de la Macarena” de Charles Kofe, ademáis de acompañar os membros da banda durante todo o concerto no escenario como un compañeiro máis.

Esta velada festiva terminará cunha cea-baile no Restaurante Juan na que participarán músicos, socios, familiares e simpatizantes da Agrupación Musical do Rosal.