O Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, informa que aínda quedan prazas vacantes para participar nos obradoiros «Xogando aprendemos valores», que se desenvolverán no mes de agosto.

Trátase dunha proposta didáctica, para promover o coñecemento e interiorización de valores que favorecen relacións máis xustas e igualitarias entre os sexos e as persoas, de culturas, tradicións e orixes diversas, a través de dinámicas lúdicas e participativas utilizando novas metodoloxías didácticas de LEGO®education.

As datas e horarios son os seguintes:

  • Obradoiro dirixido a nenos de 5 a 7 anos, desenvolverase o 6,7,8,9 e 12 de agosto en horario de 10:00 a 12:00 horas.
  • Obradoiro dirixido a nenos de 8 a 10 anos desenvolverase o 13,14,19,20 e 21 de agsoto de 10:00 a 13:00 horas.
  • Obradoiro dirixido a rapaces de 11 a 13 anos desenvolverase o 22,23,26,27 e 28 de agsoto en horario de 10:00 a 13:00 horas.

A actividade é gratuíta e cofinanciada pola Deputación de Pontevedra. Impartiranse nunha aula da biblioteca municipal. Para inscricións e información contactar co Centro Municipal de Información á Muller sito na rúa Dolores Agrelo, primeira planta do centro sociocomunitario de Baiona, ou no teléfono 986/357554.