O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda. a número un da candidatura ao Congreso dos Deputados pola provincia, Ana Pastor, a candidata ao Congreso Ana Cristina Pérez, o candidato ao Senado, Salvador González Solla, e o candidato do PP á alcaldía de Tui, José Ángel Fernández, visitaron este mediodía o «mercado dos xoves» da vila tudense, e deron un paseo polo centro da localidade, conversando con veciños e comerciantes e explicándolles o proxecto do Partido Popular.
Os candidatos e membros do Partido Popular visitaron a recén inaugurada sede de campaña do PP de Tui, onde felicitaron aos voluntarios e integrantes da agrupación local pola labor que están a desempeñar de cara as eleccións do 28 de abril e que con toda seguridade continuará de cara ás eleccións de maio e fará a José Ángel Fernández alcalde de Tui.
O presidente Rueda aproveitou a visita para destacar a forza do PP en Tui, no Baixo Miño e en toda a provincia, así como o traballo incansable que está facendo a estructura do partido de cara a estas eleccións: «Non paramos en Semana Santa, senón que seguimos coas pilas moi cargadas. Antes estivemos en Bueu con moitos veciños, agora tivemos unha gran acollida en Tui; e ese é o noso obxectivo, chegar ao maior número de xente posible para facerlles chegar as propostas do PP, e transmitirlles a garantía de que somos o único valor seguro nas próximas eleccións».