O bar Pancho de Randufe, Tui, acollerá este sábado, ás 20:30 horas, a inauguración do “Cine Clube Maruja”, coa proxección da película “Mulleres da Raia”, de Diana Gonçalves.
Tras a proxección, o grupo Mounqup ofrecerá un concerto.
Cine Clube Maruja
O Cine Clube Maruja nace en A Guía 27 (Randufe, Tui) como unha proposta de descentralización da cultura, creando máis unha opción no rural para compartir, perceber e sentir o mundo desde as diferentes ópticas dos traballos que se mostren.
O Cine Clube conta cunha sala pequena anexa ao bar Pancho, de 18 personas de aforo, que abrirá as súas humildes portas a propostas audiovisuais autorais e fóra do circuito predominante da industria cultural.