O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou este martes que Carmen Alonso “garante traballo e xestión eficaz” para que O Rosal poda seguir avanzando nos vindeiros catro anos.

Neste sentido, puxo en valor a súa experiencia de 15 anos ocupando distintas responsabilidades no Concello da localidade, contribuíndo e dando impulso, xa como alcaldesa dende 2018, á labor desenvolvida polo seu precedesor, Jesús María Fernández Portela.

Durante o acto de presentación da lista coa que Carmen Alonso concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio, o presidente provincial destacou o talante “dialogante e integrador” da candidata, así como a súa vocación de servizo, compromiso incansable cos veciños e determinación por sacar adiante os proxectos clave para O Rosal en infraestruturas, saneamento, urbanismo ou instalacións deportivas, entre outras materias.

Carmen Alonso é das persoas que saben pedir, que saben negociar e que saben ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir sacar adiante os pláns necesarios”, suliñou.

“O Partido Popular presenta a mellor candidata e o mellor equipo posible en O Rosal”, engadiu Alfonso Rueda, incidindo en que o PP, un partido que ten experiencia e balance de xestión, “vai sair a gañar” ás eleccións en todos os concellos de Galicia, confiando en obter un gran resultado o vindeiro día 26. Para elo apelou a unir forzas en torno ao proxecto dos populares para conquerir gobernos fortes e sólidos.

Pola súa banda, Carmen Alonso, que estivo arroupada por diferentes cargos e candidatos do partido na comarca do Baixo Miño, manifestou a súa vontade de gobernar “para todos os rosaleiros sen excepcións” se sae reelexida alcaldesa. “Ante todo somos veciños e a miña prioridade será sempre atender aos veciños. Farei todo o que esté nas miñas mans por dar respostas aos problemas do día a día”, deixou claro Alonso antes de presentar a súa candidatura, integrada por 15 persoas.