Alfredo Conde presenta este mércores, ás 19.00 horas no Club Náutico San Telmo de Tui, a súa última novela, Homes de Ferro, publicada por Ézaro Ediciones e que ten como referencia a aventura vivida por catro amigos irlandeses ao bordo do Naomh Gobnait, o bote recontruído a iniciativa de Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, xa convertido no emblema do Camiño por mar. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. 

Homes de Ferro relata a viaxe emprendida no ano 2014 por un grupo de amigos irlandeses que decidían contruír un bote no que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín ata Santiago de Compostela. Unha travesía que suporía un percorrido de 2.500 quilómetros por mar, que fixeron de forma espaciada ao longo de tres anos.