Alumnado de primaria da Guarda participa en “Cinema nos Coles”
CEDIDA

Un ano máis a Concellería de Cultura do Concello da Guarda organizou unha proxección de cinema enmarcada no ciclo de “Cinema nos Coles” que contou coa participación dos alumnos de primaria dos Centros Educativos do municipio.

Esta actividade tivo lugar no Salón de Actos do Centro Cultural, onde se realizou a proxección da película “Wonder”, unha proxección na que August, un neno que naceu cun problema de deformidade facial, afronta a súa chegada á escola por primeira vez, unha historia de integración e superación persoal.

“Cinema nos Coles” é unha actividade de carácter anual na que se convida aos diferentes Centro de Ensino da Guarda a participar, promovendo unha oferta de cinema en gran formato para nenos do municipio, sempre tendo en conta unha temática de interese e axeitada á idade dos asistentes.