ALFREDO // C.P.I. Cova Terreña

Durante todo este curso, as Seccións Bilingües do centro CPI de Cova Terreña realizaron distintas exposicións dedicadas a pintores.

Agora, alumnos de Infantil e Primaria poñen o broche de peche coa realización dun festival de música, o venres 15 de xuño ás 9:30 horas, o que poderán asistir as familias, no pavillón escolar.

O festival xirará en torno a pintores coma Picasso, Van Gogh, Frida Kahlo, con actuacións do alumnado inspirados nos seus cadros con coreografías da mestra de Música, Dona Rosa Jiménez Valbuena.