Preto de 300 alumnos de infantil, primaria e a ESO dos centros educativos CEIP Mallón, CEI Dunas, CPI Panxón e CEIP Camos, coa participación de Uxía Senlle, celebraron durante toda a semana o “Día de Rosalía de Castro”, a escritora máis representativa da literatura galega, nacida o 24 de febreiro de 1837.
Ao longo da semana os alumnos realizaron diferentes activiades enfocadas a homenaxear á poetisa galega. Así, cada alumno saíu ao escenario do centro escolar e recitou un verso da afamada escritora. Ao mesmo tempo, o grupo de teatro escenificou dous dos seus poemas e dúas nenas do centro CPI Panxón fixeron unha homenaxe a Rosalía e a Uxía Senlle.
Os actos remataron hoxe no CPI Panxón coa actuación de Uxía Xenlle cantando varios poemas da escritora.
