O pasado 14 de setembro concluíu o proxecto KA102 – Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP do IES A Sangriña correspondente ao curso 2018/19 que permitiu realizar prácticas formativas aos estudantes e períodos de observación aos docentes.

Neste curso 2018/19 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, por unha banda substituíu o CM de Carrocería ordinario por outro de adultos na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de “Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos”.

O programa desenvolveuse en Lisboa e Oporto. Dada a situación fronteiriza da Guarda, estas Mobilidades propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores entre as comunidades.

Os alumnos seleccionados recibiron previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa. Realizaronse:

  • 6 Mobilidades de alumnos de ciclos medios.
  • 2 Mobilidades de alumnos de FP básica.
  • 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional.
  • 4 docentes realizaron un “Job shadowing” en centros de FP da zona de Lisboa.

Con estas Mobilidades afianzáronse as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e alumnado de formación profesional do IES A Sangriña da Guarda complementando a súa formación e proporcionando ferramentas para a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Creación dun novo vínculo cun centro de FP de Lisboa. Intercambiando experiencias, coñecementos e propiciando posibles acordos de colaboración futuros.
  • Potenciar do efecto multiplicador que exerce a experiencia internacional dos profesores.
  • Ofrecer aos estudantes de ciclos formativos que non participan nos programas de Mobilidade o beneficio do coñecemento e a experiencia dos seus docentes.
  • Desenvolver habilidades interpersonais, sociais, pragmáticas e comunicativas de todos os participantes.
  • Aproximación a realidades empresariais, culturais e conceptuais diferentes á contorna local.

A formación para os alumnos de Ciclos Medios desenvolveuse do 3 de abril ao 21 de xuño (80 días) coa realización de Formación en centros de traballo (FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:

Ciclo Medio de Ectromecánica de Vehículos:

  • José Carlos Baz González.
  • Raúl Castro Airas.
  • Rubén Cortiñas Areas.
  • Alfredo Fontiñas González.

Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:

  • Diego González Cerqueira.
  • Adrián Núñez Martínez.

A formación para alumnos de FP Básica de Mantemento de Vehículos iniciouse o 23 de abril e estendeuse ata o 21 de xuño (60 días) para cursar a FCT. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:

  • Miguel Eduardo Cardoso González.
  • Jesús Durán Conde.

Os alumnos de Curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos realizaron prácticas en Oporto do 15 de xullo ao 30 de agosto (47 días) complementando a súa formación unha vez titulados. Os estudantes titulados que realizaron as Mobilidades foron:

  • Francisco Carreira Carreira.
  • Fátima Cividanes Rodríguez,.
  • Brais Ribeiro Martínez.
  • Mario Rodríguez Álvarez.

O Job shadowing dos docentes (5 días) cursouse en tres centros formativos de FP da rexión de Lisboa, participando:

  • Beatriz Couce Rodríguez.
  • María Teresa Álvarez Rodríguez.
  • Domingo Caldevilla Lago.
  • Juan Carlos López Pazos.

Con Data 30 de setembro concluíu o proxecto KA103 – Mobilidade de Educación Superior que permitiu á alumna Daisy Fernández Busto realizar a FCT (90 días) dos seus estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas nunha multinacional con sé en Lisboa.

Foi María Teresa Álvarez Rodríguez, profesora do Ciclo Superior de Administración e Finanzas quen puxo en marcha os protocolos de execución de ambos proxectos coordinado á Comisión de Mobilidade integrada os titores dos estudantes participantes.

Neste novo curso 2019/20 o IES A Sangriña xestionará un proxecto KA116 – Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP con Carta de Mobilidade de FP. Está prevista a participación de 10 estudantes e 4 docentes.

Como menciona o lema do proxecto ERASMUS+, seguimos “Enriquecendo vidas, abrindo mentes”.