Durante toda esta semana, do 2 ó 6 de setembro, en horario mañá de 11:30 á 13:30 horas, e de tarde, de 18:00 á 20:30 horas, pódese realizar a matrícula para o curso 2019/2020 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.
As materias que se imparten son as seguintes:
- Iniciación Musical (de 3 a 7 anos)
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º)
- Solfexo para adultos
- Harmonía
- Instrumento (clases individuales impartidas por profesorado de cada especialidade): Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Contrabaixo, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita
Agrupacións:
- Minibanda
- Banda Infantil
- Música de Cámara
- Coro Infantil (a partir dos 3 anos)
- Coro de Adultos
- Grupo de Pandeiretas
A escola ofrece descontos do 50 % para os alumnos de 1º curso en instrumentos como Fagot, Trompa e Violoncello e do 100% para Trombón e Bombardino e Tuba.
As clases darán comezo o 1 de outubro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados.
Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986.626.311 ou 609.866.792.