O polígono de Porto do Molle e o Centro Cultural Bolos da Carrasca acollen este sábado o ‘XIX Torneo de Petanca Concello de Nigrán’, organizado directamente polo consistorio e coa participación de clubes de toda Galicia.
En total, disputarán o trofeo 40 equipos de tripletas masculino e 20 feminino, reuníndose máis de 200 xogadore/as. A competición arranca ás 09:30 horas e extenderase durante todo o día, estando prevista a entrega de trofeos ás 21:00 horas. No evento, autorizado pola Federación Galega de Petanca, colabora a Deputación de Pontevedra.