Ana Pontón

Este luns ás 20:00 horas no Centro Cultural do Porriño, o BNG organiza un acto público que contará coa presenza de Ana Pontón. A voceira nacional e candidata polo BNG á Presidencia da Xunta da Galiza estará acompañada por Luís Bará, o deputado no Parlamento Galego.

Ademais, intervirán tamén representantes do BNG local: Míriam Martínez, concelleira no Porriño, e Gustavo Barcia, portavoz municipal e concelleiro en Mos. Este é un encontro enmarcado no contexto das eleccións galegas do próximo 18 de febreiro.

«Desde a Louriña chamamos a todas as persoas que queren outra forma de facer política a concentrar o voto na candidatura do BNG e así contribuír ao cambio galego que vai liderar Ana Pontón», sinalan os nacionalistas.