Ana Pontón do BNG

Este venres comezará con Ana Pontón, voceira parlamentaria do grupo político con representación no Parlamento Galego do BNG, os faladorios do IEM.

Será presentada por Sandra González (Alcaldesa de Tomiño), e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito)

O contido das xornadas tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo de Gondomar, ás 20:00 horas.