Nigrán abre a programación cultural do mes de maio cunha andaina, este mércores 1, polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (entre Camos e Chandebrito).

Guiada polo educador ambiental Antón Lois, o roteiro comezará ás 18:00 horas saíndo dende o Cemiterio de Camos (rúa do Sobral) e constará dunha tradicional muiñada. Trátase dunha andaina de pouca dificultade cuxa duración non sobrepasará as dúas horas, sendo recomendable levar calzado axeitado e auga.