Canón do río Mao

Dende o club Andatui informan que realizarán unha nova saída o vindeiro sábado 23 de novembro. Será para percorrer a ruta do Canón do río Mao, posiblemente a ruta máis bonita da Ribeira Sacra ourensá.

Neste sendeiro duns 17 quilómetros, con dificultade alta e unha duración aproximada de 7 horas, os asistentes camiñarán por pasarelas de madeira, dende as que gozarán dunhas vistas espectaculares do Canón e val do río Mao.

Tamén coñecerán a ponte medieval de Conceliñas, así como tamén visitarán a capela e necrópole de san Vitor de Barxacova, conxunto arqueolóxico medieval de obrigada visita.

Só dispoñen de 40 prazas a un prezo de 10 euros por participante. Xa está na páxina web de Andatui toda a información e o formulario de inscrición.