Andatui organiza para o próximo domingo, 22 de decembro, a VIII Camiñada solidaria 2019, a favor de SOS Tomiño Baixo Miño.
A marcha salirá ás 10:00 horas dende o palco da música sito da rúa Corredoira de Tui, para percorrer distintas rúas e prazas do casco antigo da cidade en dirección o paseo fluvial, para logo cruzar a Ponte Internacional e visitar o interior da muralla de Valença do Minho, dende onde se regresará de novo a Tui.
Esta Camiñada solidaria, que consta duns 9 quilómetros de distancia, é de carácter moderada e apta para tódolas persoas.
Resaltar o carácter solidario deste evento onde non fai falta inscribirse, soamente é necesario presentarse no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.