ALFREDO // IES Primeiro de Marzo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Secretaría Xeral de Igualdade que dá conta da ampliación do orzamento da orde de subvencións destinada a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero postas en marcha polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas).

Deste xeito, beneficiaranse na provincia un total de 35 anpas con case 105.000 euros, das cales dúas corresponden ao concello de Tomiño (a Anpa Solleiro do IES Tomiño (3.910 euros) e a Anpa do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián (4.000 euros) e tres ao Concello de Baiona, a ANPA Colexio Infantil O Areal do EEI O Areal (1.801 euros), ANPA Balcaxia do IES Primeiro de Marzo (3.410 euros) e a Asociación de pais e nais de alumnos do CEP O Areal de Sabarís (2.150 euros).

A Xunta considera fundamental a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado galego e dotalos das ferramentas necesarias para promover unhas relacións respetuosas e en igualdade que preveñan e axuden a erradicar todas as formas de violencia de xénero.