O goberno rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta foi o turno de ACOR, Asociación de Comerciantes do Rosal.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, mantiveron unha xuntanza co presidente e secretaria da asociación.

Entre outras cuestións falaron da planificación de cara ós orzamentos do ano que ven e dos proxectos en común de cara os vindeiros meses.

A Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) que ten asociadas neste momento a 92 empresas do concello, é unha asociación cunha gran traxectoria que naceu no ano 1998 da man dun grupo de empresarios que demandaban máis iniciativas para o pequeno comercio da vila.

A día de hoxe son moitas as campañas que poñen en marcha ao longo do ano con grande éxito como a campaña do día da nai e do pai, os mercados solidarios ou a ruta da tapa, así como prestar orientación sobre diferentes vantaxes para os comercios asociados.

A colaboración entre o Concello do Rosal e ACOR pode ser unha gran oportunidade de proxectos comúns de cara a fortalecer o comercio local.