O BNG celebra o acto de peche de campaña na Praza de San Caetano o venres 26 de maio ás 20.30 horas.
O candidato á Alcaldía Anxo Baz, estará acompañado nesta ocasión polo exportavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez e pola número dous da candidatura, Bea Lomba.
O acto rematará nunha festa final de campaña con petiscos e coa actuación musical do Coro Fuscalheiro ao que están convidadas todas as persoas que desexen asistir.
