Carlos Gómez en un mitin

Carlos Gómez Prado fixo hoxe, a pouco máis de 48 horas do remate da campaña electoral, un chamamento “á mobilización do voto progresista de Baiona, que ninguén quede na casa”.

“O domingo, os veciños e veciñas teñen a oportunidade de elixir entre un proxecto progresista, social, de futuro e cheo de oportunidades para Baiona, ou regresar ao pasado cun proxecto conservador que paralizará de novo Baiona”, advirte.

“Nestes catro anos, Baiona recuperou o seu sitio e os datos así o reflicten, cun sector servizos forte, récords de ocupación, obras, proxectos e un paraugas social inédito; a nosa vila recuperou a súa vida”, engade.

Por iso, Carlos Gómez Prado pide “unha gran mobilización do voto progresista e de esquerdas, que ninguén quede na casa o domingo, porque cada voto conta e todos suman”, remata.