CEDIDA

Este luns, os alumnos de 3, 4, 5 e 6 do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios exerceron de padriños e madriñas na EEI as Dunas. 

Cómo se ven facendo nos últimos anos, unha das celebracións do Día do Libro é o Apadriñamento Lector . Tivemos que aplazar a actividade polo mal tempo e, onte, por fin,os maiores léronlles aos seus afillados e afilladas contos polos arredores do centro infantil.

Os pequenos de 3,4 e 5 anos agasallaron os seus padriños con un marcapáxinas que fixeron e cunha merendola.  Un agasallo mútuo. Unha mañán de lectura e diversión con un magnífico sol de compaña.