Este luns abrese o prazo de inscricións para o campamento urbano para este ano na Guarda.

Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, para nenos de 4 a 12 anos.

O campamento ten o principal obxectivo de conciliar a vida familiar e a laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, cociña, inglés, actividades deportivas… pero sobre todo, compartirán un espazo de xogo diferente.

O prazo para presentar as solicitudes será dende as 9:00 do 3 de xuño ata as 14:00 horas do día 17 de xuño.

Para máis información, as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX da Guarda ou chamar ao 986 61 0000. As bases e o modelo de solicitude se poden descargar na web www.aguarda.es