O vindeiro sábado 8 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de autodefensa feminista, organizado polo Concello de Tomiño a través das oficina municipais de Igualdade e Información Xuvenil.
Esta actividade, moi demandada polas cidadás tomiñesas, será impartida en horario de mañá e tarde (10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas) na Casa da Cultura, e está dirixida a mulleres a partir de 15 anos.
As prazas son 30 e as inscricións xa están abertas a través da web municipal do Concello de Tomiño. Asemade, pode enviarse un correo electrónico a omix@tomino.gal, ou ben, chamar ao número de teléfono 986 622 001 en horario de 8:00 a 15:00 horas.
A actividade é financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.