Concello de Gondomar
ALFREDO // Concello de Gondomar.

A Concellería de Cultura apraza a festa medieval prevista para este fin de semana por motivos de seguridade.

Dadas ás características do evento, o emprazamento, as circunstancias climatolóxicas e a falla dun plan especifico de seguridade e evacuación por parte da empresa organizadora encargada do desenvolvemento da programación do mesmo; obriga ao concello aprazar o evento para novas datas, unha vez, a mesma presente tódala documentación preceptiva e que garanta a seguridade dos asistentes e da veciñanza de Gondomar.

Os primeiros en garantir a seguridade pública e o cumprimento da lei debemos ser ás administracións, e por riba de calquera outra cousa, a integridade física da xente debe ser o primeiro valor a preservar“, indican dende O Concello.