A Xunta de Goberno Local do Concello de Tomiño, aprobou onte por unanimidade, as bases para a organización da Cabalgata de Reis 2019. O obxectivo destas bases é regular a participación no desfile a través de carrozas, das entidades ou asociacións sen ánimo de lucro rexistradas no Concello.

O desfile será o día 5 de xaneiro, con saída ás 16.30 horas dende O Alivio, co percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría de Cultura.

Para solicitar a participación, as asociacións deberán presentar na Sede Electrónica do Concello o formulario habilitado para tal fin, entre os días 3 e 7 de decembro de 2018.

Para máis información, presentación de documentación e solicitude, visitar a páxina web do Concello.