Esta semana iniciáronse as obras de remodelación e mellora da seguridade dos viarios municipais da Rúa Vigo e Celta na Guarda a través do proxecto DepoRemse da Deputación de Pontevedra.

No entorno destas rúas, da parroquia de Salcidos, contan con numerosas instalacións e equipamentos públicos coma o Centro de Saúde, o Conservatorio de Música, o Pavillón Municipal, o IES A Sangriña, o CEIP A Sangriña, o Estadio Municipal da Sangriña, lugares que son frecuentados por milleiros de persoas, na súa maioría rapaces, para asistir a estas instalacións.

Coa posta en marcha deste proxecto se pretende mellorar estes desprazamentos peonís, mellorando a seguridade dos usuarios, peóns e tamén a circulación de vehículos, coa construción dunha glorieta no coñecido coma «cruce dos bechos».

As obras realízanse na Rúa Vigo, dende o enlace coa PO-552 ata o Conservatorio e o enlace coa Rúa Celta, sendo esta actuación unha primeira fase, que se pretende ampliar en futuros proxectos para dar continuidade á humanización da totalidade destas dúas rúas.

O Proxecto de mellora da seguridade conta cun orzamento de 588.235,29 euros, dos cales 500.000 apórtaos a Deputación de Pontevedra e 88.235€ o Concello da Guarda.