O pasado venres, comezaron os traballos de mantemento e reparación do reló que se atopa na antiga torre de procedencia medieval ubicada na Praza que leva o seu mesmo nome, sendo éste un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda.
Estes traballos realízanse despois da rotura parcial da esfera do reló, de xeito que estará fora de servizo ata que a esfera sexa substituída por unha nova, á vez que se realiza o mantemento do seu conxunto.
