TVG HD

Dende este martes, a TVG empezou a emitir en alta definición (HD) polas súas dúas canles. Deste xeito, convértese na «única» televisión, segundo reivindica o Directo da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, con máis dunha canle en España que emite todos canles en HD na TDT, aínda que tamén manterá a súa emisión en definición estándar, como ata agora. 

Así, os espectadores que dispoñan de aparellos compatibles co HD recibirán un aviso no seu televisor, que detectará as novas canles. Nese momento poderase facer unha actualización da lista de cadeas -será diferente en función da marca do dispositivo- e logo poderanse reordenar e colocar a TVG HD onde estaba a anterior en definición estándar. 

Como resintonizar o meu televisor?

Como ordenar as canles do meu televisor?