O Concello de Nigrán abre o seu xa tradicional ‘Mes do Teatro’ este sábado 5 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal coa actuación estelar do grupo ‘Chévere’, compañía de referencia a nivel galego e tamén español que representará ‘As fillas Bravas’.

O Concello programa outras cinco actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca os restantes sábados de outubro e ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo (incluído Chévere, que tamén é gratis).

“As Fillas Bravas” é un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.

Seguintes actuacións:

  • O 12 de outubro co grupo Rosalía de Castro de A Salgueria coa obra «La zapatera prodigiosa», de García Lorca.
  • O 19 de octubre o grupo Porta aberta de Vigo con «Estraños hábitos», de Hugo Daniel Marcos.
  • O 26 de octubre Teatro Castro Barreiro de Salceda de Caselas con «Os tres grandes sinvergoñas».
  • O 9 de novembro por confirmar aínda.
  • O 16 de novembro grupo Expresión Teatro de Mourente con «Convivir».