ALFREDO// Papelera en el paseo marítimo de Panxón en la mañana de San Juan

O cadro de persoal da recollida do lixo do Concello de Nigrán decidiu hoxe atrasar a folga indefinidas prevista neste servizo a partir deste xoves 26 polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo á espera do resultado da mediación que terá lugar o venres.

No caso da recollida do lixo e limpeza viaria e de praias de Nigrán foi o propio alcalde da localidade o que solicitou o atraso do paro na xuntanza celebrada esta mañá coa representación sindical despois de que empresa e traballadores/as achegasen posturas unha vez que a dirección amosouse disposta a aumentar a suba salarial até o 4% total nos tres anos de duración do novo convenio, aínda que existen diferencias en canto ao pago da antigüidade.

Deste xeito, o cadro de persoal optou por atrasar o comezo da folga ás 23:00 horas do venres no caso de que pola mañá non se chegue a un acordo coa mediación da Consellaría de Traballo.