muiños_folon
ARCHIVO // Imagen de los Muiños de O Folón

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo cos concellos de Oia e O Rosal, aos que aportará un total de 27.031 euros para a execución de proxectos de mellora de infraestruturas turísticas destes dous municipios.

A través desta liña de subvencións, segundo explicou o delegado territorial, o concello de Oia levará a cabo un proxecto de sinalización e recuperación do entorno da estatua do “Conde de Cabanelas”, cun investimento global de 23.452 euros dos cales 15.244 corresponderán a aportación da Xunta de Galicia.

O Rosal, pola súa banda, sinalizará o acceso aos muíños do Folón por estrada e instalará autoguías. Para este fin, porá en marcha un proxecto cun custo de 18.135 euros, dos cales, 11.788 procederán desta liña de axudas autonómica.