Este vindeiro 17 de maio e con motivo do día das Letras Galegas, o Concello de Baiona ten programado, unha serie de actividades encamiñadas a conmemorar esta data festiva.
Comenzará ás 11:00h na entrada do Parador onde arrancará a XXX Festa da Bicicleta do Val Miñor, polo que o Concello convida a todos os baioneses que desexen pasar unha mañá subido a súa bicicleta e practicando o seu deporte favorito. O pelotón sairá en dirección a Ramallosa e xuntarase cos ciclistas dos municipios de Gondomar e Nigrán, para entre todos disfrutar no Val Miñor da Festa da Bicicleta.
Polo tarde, e como ven sendo tradición nesta data, a partir das 17:30h sairán polas rúas principais da vila os pasarrúas do 8º Festival Bai de Muiñeiras, rematando no Paseo Ribeira ás 18:00 horas, onde terá lugar as actuación dos grupos folclóricos:
- Grupo de Baile e Gaitas “Mar de Arosa” (Vilargarcía de Arousa).
- Asociación cultural “Tangaraño” (Mos).
- Escola de Danza “Vila de Baiona” (Baiona).
- Pandereteiras “Monteboi” (Baiona).
- Asociación cultural “A Seneira” (Baiona).
En caso de choiva o Festival Baidemuiñeiras trasladarase ao Auditorio V Centenario á mesma hora prevista de comezo.
Tamén poderase gozar durante todo o día dunha feira de antiguidades e coleccionismo na Avda. Xulián Valverde de Sabarís.
Xa por último, e con motivo da celebración do Día das Letras Galegas que este ano se adica a figura de Antón Fraguas, que destacou en diferentes eidos a cultura galega como a etnografía, o Concello de Baiona quere reabrir unha mostra etnográfica do historiador local Anxo Lemos, “Os Menesteres de Ribeira”, que é unha aproximación ao mundo mariñeiro da vida de Baiona a través das artes de pesca, embarcacións e os seus contrutores na carpintería de Ribeira. Esta mostra poderá visitarse durante todo o día en Capitanía Marítima en horario de 11:00-14:00h e de 17:00- 20:00h.
