A Concellería de Igualdade e Xuventude, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona, convocan o concurso de debuxo e slogan, dirixido ao alumnado que cursa educación secundaria nalgún dos centros educativos do municipio de Baiona (CPI Cova Terreña e IES Primeiro de Marzo).
A actividade enmárcase no IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2019 – 2023 do Concello de Baiona, na área de “Socialización. Eliminar os roles e estereotipos de xénero“ que ten como obxectivo estratéxico “Impulsar cambios socioculturais que fomenten e consoliden a eliminación dos roles e estereotipos” e como obxectivo operativo 2. ”Sensibilizar na igualdade entre mulleres e homes no ámbito educativo” e que establece a medida 3.2.1 “En colaboración cos centros educativos, continuar desenvolvendo accións de sensibilización sobre xénero e igualdade de oportunidades dirixidas ao alumnado de todas as etapas”.
O concurso ten como obxectivo promover, dentro do ámbito educativo a reflexión en torno á promoción da igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero.
Poderán participar no concurso calquera alumno ou alumna que curse a etapa de educación secundaria nun centro educativo de Baiona.
Establécense dúas categorías:
1º. Alumnado que cursa educación secundaria obrigatoria ( ESO) e F.P.Básica.
2ª Alumnado que cursa bacharelato ( BAC) e F.P de ciclos de grado Superior.
O contido das obras deberá enviar unha mensaxe que incida na reflexión en torno á promoción da igualdade entre mulleres e homes e/ou a loita contra a violencia de xénero.
