IMPRESORAS 3D

A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, dirixida por Yasmina Moreira, organiza un curso de Deseño e Impresión en 3D destinado a mozos de 16 a 30 anos.

Esta acción formativa enmárcase dentro do proxecto de iniciativas locais destinadas á xuventude, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e consta, ademáis da formación en 3D, dun módulo de emprendemento Xuvenil, un módulo de búsqueda de emprego a través do teléfono móbil e de prácticas non laborais en empresas do sector.

Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar réplicas de deseños en 3 dimensións, creando pezas ou maquetas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. O seu uso xa está estendido en sectores como a arquitectura, a industria, ou a automoción, e na actualidade, se está implementando en sectores como a alimentación ou en prótesis médicas, polo que ésta formación é moi demandada polo tecido empresarial.

O curso terá lugar do 6 de setembro ao 11 de outubro, no centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Máis información na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925 ou en xuventude@baiona.org