A santiaguesa Beatriz Bascoy expón a súa obra de pintura na Guarda. Baixo o título “anetadocamilo”, a exposición poderase ver na Casa dos Alonsos do 21 de decembro ate o 4 de xaneiro, de 8:00 a 15:00 horas, excepto o 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro.

Beatriz Bascoy: “anetadocamilo”

“anetadocamilo” é o xeito no que Beatriz Bascoy Cao expresa con pintura o que con palabras non dá. É un xeito de expresar inquedanzas ,sentimentos, de sumirse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiados tons de grises .

“anetadocamilo” nace no momento no que a autora se achega á técnica Mixmedia, onde sinte que atopa o seu lugar diante dun lenzo. A técnica Mixmedia é a combinación dunha ou máis técnicas artísticas mesturando técnicas de traballo e materiais.

“Dende a primeira pincelada de “anetadocamilo”, pinto sendo quen Son, sen pretensións; e dende o principio e por principios …PINTO PORQUE ME PETA” .