Solicitan la compra de la finca de “Finola” para ampliar la alameda de A Guarda
CEDIDA // Finca de Fínola, A Guarda

A responsable local do BNG na Guarda, Beatriz Lomba, saíu ao paso das últimas declaracións feitas por distintos membros do goberno do PSOE e do PP nos últimos días sobre a Finca de Fínola e o PERI número 5 onde se localiza esta parcela.

A nacionalista reafirma as posicións que ben mantendo o BNG e manifesta “en contra do que pretenden vendernos o PSOE e o PP, desenvolver o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) nº5 permítelle ao Concello dispoñer de case 15.000m2 de solo no centro da vila. A Guarda non debe renunciar a este terreo público moi necesario para dotacións, zonas verdes e aparcamentos que ademais permitirá no futuro a súa conexión coa Alameda”.

Bea Lomba noutro momento da súa intervención dixo “non sabemos que escuras intencións moven ao PSOE e o PP desde o ano 2018, para malgastar primeiro 300.000€ comprando  Fínola e agora separándoa do PERI,nº 5 renunciando deste xeito a case 15.000 m2 de solo público no centro da Guarda que lle saen gratis ao Concello”.

A nacionalista rematou concluíndo “PSOE e PP, pretenden convencer de que 3.000 m² son máis ca 15.000 m². Presentaremos alegacións para tratar de parar este despropósito  urbanístico”.