Telemariñas

A vogal do BNG, Merchi Martínez, realizou no último pleno da Entidade Local Menor de Camposancos unha batería de preguntas sobre a situación de dita entidade e o Centro de traballo San Xerome, como consecuencia dos despidos realizados hai uns días pola xerencia do centro.

O alcalde pedáneo negou no pleno que San Xerome realizase na actualidade traballos de mantemento para Entidade Local, segundo precisou, hai máis un ano que esta empresa non realiza actividades en Camposancos.

Segundo afirman dende o BNG “o alcalde penádeo do PSOE falta a verdade, xa que si existe unha relación contractual entre S Xerome e a Entidade Local Menor de Camposancos, polo que alcalde-pedáneo debe aclarar cal é o tipo de relación que existe entre as dúas entidades”.

O BNG tamén asegura que “existe unha partida nos orzamentos do 2016 da Entidade por valor de 8.000 euros onde aparece especificada como traballos realizados por outras empresas (San Xerome)”.

É incríbel que o alcalde mentise tan descaradamente no pleno, nun país normalizado tería dimitido. Camposancos merece aclaracións e non mentiras.”, comentou Merchi Martínez, vogal do BNG na ELM de Camposancos.

Para o BNG o alcalde-pedáneo ten que explicar por que, segundo as nosas informacións, se está a facer o servizo de desbroce de camiños con persoal non contratado e sen cualificar” explican.