ALFREDO // Pleno A Guarda (archivo)

O BNG volveu votar en contra, por segunda vez, aos orzamentos presentados polo goberno municipal do PSOE.

Dende o BNG indican que “estamos ante uns orzamentos que cualifican de continuístas e que non abordan os problemas fundamentais que ten A Guarda”. Asimesmo critican “a falta de partidas que comprometan na mellora da mobilidade do concello, tanto do centro como das parroquias, como os proxectos de seguridade viaria para A Sangriña e para As Solanas”.

O problema máis importante da Guarda é a perda de poboación que levamos sufrindo nos últimos anos. É deber do concello criar as condicións axeitadas para que isto cambie e para iso necesitamos facer un concello acolledor para as persoas, é dicir, un cambio de modelo ao actual”, comentou Ángel Baz portavoz muncipal do BNG.

Para o BNG “as axudas á educación son ridículas: 3.000€, con ausencia de programas educativos para o alumnado con máis necesidades. A xestión do lixo pasa de 225.000 € a 232.000€, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe“.

Non hai partidas para programas de promoción de emprego, así como, totalmente insuficiente as partidas para emerxencia social, algo que levamos denunciando orzamento tras orzamento, mentres nos permitimos o luxo de gastar 40.000 € en pintar o espigón, infraestrutura de competencia da Xunta, algo que roza o esperpéntico“, explica Baz.

Reforma de Concepción Arenal e Rúa San Caetano

“Ante as información que se están vertendo nos medios de comunicación, o BNG quere deixar claro que a única forza política que asegurou que a reforma de Concepción Arenal ía contar con orzamento para a súa execución foi o propio BNG, que xunto co grupo de goberno votaron favorablemente ao convenio coa Deputación, tal convenio é o que asegura ese financiamento, tanto dentro duns orzamentos novos como duns orzamentos prorrogados“, afirma o voceiro nacionalista.

En canto a mellora da rúa San Caetano, é unha obra que tiña que vir no Plan Concellos 2.017, o PSOE atrasouna inexplicablemente para o Plan Concellos 2.018, esperamos a súa execución para o presente ano, polo que esta obra nada ten que ver cos orzamentos 2.018“, finaliza Baz.