Pleno A Guarda
ALFREDO // Imagen de un pleno en A Guarda. Archivo.

O BNG considera que o PSOE actúa con cinismo cando aproba unha ordenanza de lixo onde prohibe a colocación de carteis informativos na rúa, sen aportar ningunha alternativa, e esa mesma formación política chega a pegar carteis en lugares públicos do concello.

O BNG segue a reclamar o cumprimento dun acordo plenario para a colocación de espazos de información onde o traballo político e social guardés teña maior visibilidade, algo que semella preocupar substancialmente ao grupo municipal socialista que por outra banda non dubida en incumprir o seu propio regulamento.

Cunha actitude cargada de soberbia, o grupo municipal socialista amosa estar por enriba da lei e evidencia a súa falta de transparencia e rigor político, tentando ocultar unha elevada actividade social e política que ás claras incomoda ao goberno local”, afirma o portavoz municipal do BNG Ángel Baz.

Imos a seguir denunciando as carencias dunha ordenanza que o propio goberno é o primeiro en incumprir. Máxime, cando se rexeitaron emendas quedando ás claras a necesidade das mesmas, ou pola intolerancia por parte do goberno do PSOE a un novo modelo de xestión do lixo proposto polo BNG máis ecolóxico e viábel para a Guarda.” Conclúe Baz.