vista de a Guarda
ALFREDO // Panorámica de A Guarda

O BNG de A Guarda, anunciou que non apoiará a proposta de orzamentos para o 2.017 que o Goberno municipal do PSOE vai levar a pleno o próximo mércores 21 de decembro.

Para o BNG non se dan as circunstancias para apoiar uns orzamentos que apenas teñen algunha novidade. “Son unha copia dos orzamentos do ano 2016, polo que, se de aquela non apoiamos os orzamentos, por que teriamos que facelo agora?”, comentou o portavoz municipal do BNG, Ángel Baz, quen recalca “dende o BNG temos claro que a Guarda necesita unha serie de compromisos que non se ven reflectidos nos orzamentos que presentan o PSOE”.

O BNG critica a ausencia de partidas específicas como: “emerxencia social asignadas aos diferentes departamentos que garantan un traballo efectivo e eficiente nos tempos que corren, unha partida para pavillón das Solanas dado que non se pode dar por boa o feito ou unha partida para un plan de acesibilidade, entre outras”.

“Hai unha ausencia total de proxectos transformadores para a Guarda, a partida da praza de abastos é de puro trámite” afirma Baz. “Para o BNG a nosa praza debe ser un dos centros que dinamice a economía local, tal como está a ser exemplo en concellos próximos. Ou imos a por un modelo de praza diferente ou acabará morrendo de pena”, sinala.

O BNG non é soamente crítico co documento en si mesmo, se non tamén co xeito que ten o goberno municipal de executalo. Levamos anos con prazas de traballador@s sen cubrir, a pesar de estar no orzamento e a lei permitir a reposición, nalgúns casos do 100 %”, expón o portavoz nacionalista.

Así mesmo, o concello segue asumindo gastos como o do Centro de Saúde que lle custa á Guarda uns 60.000 € anuais. Para o BNG o goberno do PSOE amosa un claro esgotamento e unha ausencia de proxecto político, sen iniciativas transformadoras para a Guarda” concluie Ángel Baz.