vista de a Guarda
BANDALLO // Panorámica de A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no rexistro do concello instando ao alcalde da Guarda a facilitar o expediente de concesión dunha infraestrutura gasista para distribución de gas natural canalizado para o municipio, así como asesoramento técnico para informar aos veciños.

Esta concesión, explican dende o BNG, administrativa é competencia autonómica, polo que o acceso ao expediente para poder examinalo faise máis dificultoso dado que hai que trasladarse a Pontevedra ou a Santiago de Compostela.

O Alcalde ten que tratar de facilitar o acceso a documentación sobre a futura instalación de gas natural, aínda que sexa unha concesión autonómica”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG considera que “o alcalde e o Goberno municipal teñen que facer todo o posíbel para achegar o expediente a calquera persoa que queira examinar o proxecto para poder presentar alegacións sen que teña que afrontar gastos en desprazamentos”.

A Guarda contará con Gas Natural Canalizado