ALFREDO // Xosé M. Marcote, concelleiro BNG de Baiona

Durante o Pleno Municipal celebrado no día de hoxe o Goberno Municipal do Partido Popular presentou e aprobou unha proposta de orzamentos para o exercicio 2018 que non contou co apoio do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por diversas razóns.

Non podemos recoñecer como axeitados uns orzamentos que carecen dunha política activa e de promoción de acceso á vivenda, tendo dúas parcelas municipais con potencialidade real para adicalas a tal fin e contando con multitude de vivendas inhabitadas, en estado de abandono ou en ruinas, como pode extraerse do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico artístico,” indican dende o BNG de Baiona.

Asimesmo afirman que, “o Goberno Municipal volve a descartar a partida de becas de formación, eliminadas pola incapacidade de xestión do equipo de goberno, que as usou de forma irregular para ter traballadores a baixo custo. Falta unha política activa e de promoción do patrimonio e a cultura. Seguen a pasar os anos e a antiga batería de Silleiro está completamente abandonada e sen iniciativa de que isto cambie”.

“Poseemos un potencial arqueolóxico extraordinario que se esquece permanentemente e unha riqueza natural na Serra da Groba que non se promociona. Toda promoción do patrimonio e cultura deste goberno baséase en festas e festexos e campos de golf,” explica o voceiro do BNG Xosé M. Marcote.

“Outro ano máis seguimos sen entender o reiterativo incumprimento dun acordo plenario, non destinando partida algunha ao fondo galego de cooperación internacional. Uns simples 2.000 € ou o que é o mesmo un 0,00023% do orzamento. O comprimiso acordado incluía unha suba progresiva desta dotación até acadar o 0,7 % dos orzamentos de cada exercicio,” expón Marcote.

Adolece o Goberno Municipal de falta de políticas activas en educación. Cuestións chave para as nais e pais de Baiona coma os comedores escolares ou o transporte seguen ser ter solución, iniciativas ou ideas por parte do Concello de Baiona,” declara.

“Comprobamos, unha vez máis, que a única liña de actuación deste goberno é a da política pasiva. Unha política baseada unicamente en cobrar impostos para pagar unha deficitaria xestión (proxecto campo de golf, parking do Aral) e unhas inversións sostidas practicamente polo aporte da Deputación”, finaliza Marcote.