Día Contra la Violencia de Género

Dende o BNG existe constancia de que se rexistraron en Galiza, cando menos 55 feminicidios entre 2010 e o que vai de 2017. Pontevedra tivo no ano 2015 a tasa máis alta de Galiza e a terceira máis alta do estado español.

O BNG insiste en que se debe comprometer ás institucións, destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para este fin. Estamos por transformar a sociedade na que vivimos, reducindo a fortaleza do patriarcado, e a subordinación ao xénero masculino superando a desigualdade e a violencia que sofren as mulleres” afirman.

Dende o BNG traballamos para avanzar na concreción do pacto galego contra a violencia machista e destinar o 1% do orzamento do 2018 á prevención e loita contra a violencia, aumentar e mellorar os recursos xudiciais, acompañamento das mulleres e que sexan atendidas por persoal especializado,durante o proceso xudicial. Polo que pedimos o compromiso das corporacións ás mobilizacións locais e nacionais.” Comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda.