O BNG presentou unha moción en apoio á Folga Internacional de reivindicación feminista do 8 de marzo.
Dende a formación nacionalista lembra que «a fenda salarial na Galiza é do 23%, pois mentres o salario anual dos homes estímase en 20.243 € o das mulleres non chega aos 15.730 €, ao que hai que engadir que os contratos a tempo parcial, temporal e descontinuo son maioritariamente femininos, o que repercute na baixa cotización, soldo, prestación do paro e das pensións«.
“Na Guarda hai 384 mulleres rexistradas no paro e 296 homes, o que representa unha porcentaxe do 14% superior de desemprego por razón de sexo”, comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG na Guarda.
Dende o BNG anímase aos guardeses e guardesas a apoiar esta convocatoria, para tomar conciencia do papel da muller na sociedade actual e ir camiñando cara unha igualdade real e non de papel. «Animamos aos homes a participar nesta convocatoria de folga, apoiando ás mulleres facilitando a propia participación nos servizos mínimos, …” sinalou Merchi.
«O BNG espera que o Goberno da Guarda facilite e anime ás traballadoras do concello a secundar o parocomo exemplo ante a sociedade sobre a importancia do papel da muller e na procura de iniciativas políticas a prol dunha igualdade efectiva«, indican.