Concello de A Guarda
RUBENS // Concello de A Guarda. Plaza do Reló

O BNG non ve as condicións para apoiar os Orzamentos para o 2018 que ven de presentar o Alcalde da Guarda.

Dende a formación nacionalista admites que botan de menos unha actitude máis conciliadora para chegar a acordos coa oposición. “En ningún momento fixeron un ofrecemento serio para negociar os orzamentos” sinalou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG quen lembra que “xa fixemos público que aspectos son importantes para, cando menos, mellorar os orzamentos para a Guarda“.

A falta de concreción nas partidas é un punto preocupante para a formación nacionalista, “non vemos por ningures partidas específicas para a seguridade viaria en zonas escolares como Solanas e a Sangriña, tal e como aconsella o Plan de Mobilidade”, comentou Baz.

Para o BNG é claramente insuficiente “a partida de axudas a Educación dotadas de 3.000 €, que se investirán nuns premios pouco educativos”.

En canto á partida de SOGAMA, inidican dende o BNG, “pasa de 225.000 a 232.000 euros, co que se evidencia a falta de aforro en materia de xestión do lixo, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe“.

Para o BNG é inasumíbel que o concello se gaste 40.000 euros no pintado do espigón, sendo unha competencia da Xunta de Galiza do PP. “O concello ten carencias suficientes como para investir estes cartos nun pintado, por outra banda, un pouco caro…”, apreciou Ángel Baz.

Botamos de menos a creación dun departamento de normalización lingüística, axudas reais para educación, mellor dotación para emerxencia social e políticas de igualdade, asimesmo, xa advertimos que, ou había cambios substanciais nos orzamentos ou non habería apoio a para eles”, finalizan dende a formación nacionalista.