ALFREDO // El alcalde de Gondomar, Paco Ferreira

Nunha nota de prensa remitida os medios, CABE pidelle o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, que rectifique publicamente as declaracións feitas sobre esta formación política na que os acusa de perder unha subvención.

“Despois do bochornoso espectáculo en xuño (cando o sr Alcalde tivo que rectificar públicamente tras acusar falsamente a CABE de perder unha subvención), no pasado pleno do 21 de setembro o sr. Ferreira demostra que pouco aprendeu e volve facer o mesmo. Acúsanos de perder a subvención referente a Actividades medioambientais da liña 3.5 do Plan de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra, cousa que non é certa” explican dende CABE..

CABE entregou o proxecto para a solicitude desta subvención, consistente nunha campaña de fomento e educación na compostaxe, “só a falta de cubrir o anexo o día 30 de decembro de 2015. O prazo de remate para a solicitude desta subvención era o día 4 de marzo de 2016, data no que este grupo xa formaba parte na oposición. Se a subvención non foi finalmente enviada á Deputación, e polo tanto perdeuse, só é responsabilidade do bipartito” afirman.

“É por isto que CABE volve esixir unha rectificación pública do sr. Alcalde e rógalle que deixe de culpar ao noso Grupo municipal da nefasta xestión do goberno que preside” rematan.