O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá un campamento de Nadal dirixido a nenos de entre os 3 e os 12 anos, unha actividade organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres e que conta coa colaboración do Concello de Oia.

O campamento desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro en horario de mañá (de 9.00 a 14.00 horas) co obxectivo de facilitar a conciliación familiar. Entre outras actividades, os pequenos participarán no desenvolvemento de traballos manuais, xogos e dinámicas de grupo.

O campamento de Nadal ten un prezo total de 65 euros e de 10 euros/día no caso de querer asistir en días soltos. As prazas son limitadas.

Máis información e inscricións en info@manunu.es e no teléfono 619.961.180.