Como xa fixera hai máis de 30 a Xunta Reitora que guiaba a Comunidade de Montes de Vincios naquel entón, cando tiveron a acertada visión de futuro de acometer as primeiras cesións de superficie no polígono industrial da Pasaxe, que marcarían positivamente o futuro do Monte e da parroquia de Vincios, hoxe, tras os lumes do ano 2017 onde o 81 % da superficie forestal ardeu, a actual Xunta Reitora atópase coa disxuntiva de esperar 30 anos a que volvan medrar as árbores, co risco dos lumes que han volver e cada vaga mais intensos, e chegar a Banca rota, ou dar un xiro ao sistema de xestión do monte.
Na asemblea de comuneiros celebrada este domingo, vense aprobar, trala presentación feita pola xunta Reitora do proxecto Vincios Verde, o novo rumbo do Monte veciñal.
O futuro da Comunidade de Montes de Vincios pasa por:
- Protexelo dos lumes creando unha nova estrutura do monte, recollida no plan de ordenación presentado na Xunta de Galicia, que divide en dúas partes o monte mediante faixas de protección, plantacións de frondosas e pasteiros que van sumar mais de 90 hectáreas con carácter claramente protector.
- Convenio coa universidade de Vigo, para poder realizar diferentes investigacións en ámbito forestal.
- Rehabilitación da antiga casa Reitoral, co fin de que sexa un centro social e forestal de referencia.
- Dar de alta como sumidoiro de CO2 as repoboacións de frondosas con carácter protector no ministerio de transición ecolóxica, para o cal vense colaborando dende hai tempo co proxecto TROCO2.
- Certificación dos servizos ecosistémicos que xeran valor trasnversal en toda a parroquia.
- Programa de achegamento á os mais novos e sociedade en xeral, con talleres, charlas e iniciativas que fagan participes os veciños e comuneiros. Continuación do Bosque dos nen@s, e unha nova iniciativa que vai ser asembleas de fillos ou netos de comuneiros para que dende a infancia nos acheguen as súas inquedanzas.
- Dixitalización dos lindes do monte.
O futuro dun monte periurbano como o de Vincios pasa pola adaptación os novos tempos, resiliencia fronte os lumes, e a multifuncionalidade, e niso estamos.